Este programa articúlase como un dispositivo de motivación a persoa participante para a súa participación activa nas medidas deseñadas. Así mesmo, os incentivos cumpren tamén unha función de cobertura de gastos en que puidese incorrer o/a usuario/a na participación no Plan.
INCENTIVO PARA A PARTICIPACIÓN ACTIVA
Ten como finalidade motivar ás persoas participantes a participar nas medidas propostas en Galitex e asegurar a súa asistencia a un mínimo de sesións tanto de orientación como de inserción, garantindo que os/as técnicos/as elaboren tanto o perfil como un itinerario profesional.
BOLSA DE DESPRAZAMENTO
Para axudar ás persoas participantes a participar das medidas de formación propostas no Plan establécese unha axuda para o desprazamento. Consiste na articulación de bolsas de axuda económica á mobilidade para a realización de formación, de maneira que favorezan os desprazamentos das persoas participantes. O traxecto pode ser de carácter urbano ou interurbano.
INCENTIVO PARA O FOMENTO DO AUTOEMPREGO
Para axudar as persoas emprendedoras nos seus primeiros meses como persoas traballadoras autónomas ou promotoras dunha sociedade. Para ter dereito á percepción deste incentivo, o alta da persoa participante como autónoma ou como promotora dunha sociedade debe ser posterior á adhesión ao programa.
INCENTIVO PARA A CONCILIACIÓN
Para axudar as persoas participantes do plan para cubrir os gastos que lles xere a atención dos seus fillos/as menores, acollidos/as ou tutelados/as menores de 8 anos ou familiares dependentes directos(familiares ascendentes, descendentes ou colaterais, por consanguinidad ou afinidade e ata o segundo grao, dependentes por discapacidade recoñecida ou por idade igual ou superior aos 65 anos que non poidan valerse por si mesmas nalgún grao, é dicir, que teñan dificultades ou non poidan realizar determinadas actividades habituais), que convivan con elas e áchense ao seu cargo.