A formación que se proporciona neste programa complementa as accións de orientación e asesoramento que leven a cabo as persoas participantes do Plan. Esta formación dota as persoas traballadoras dunha maior empleabilidade, ben a través dunha recualificación profesional ou ben mediante un incremento das súas competencias.
Ao longo do proxecto levanse a cabo acciones formativas pertencentes aos seguintes bloques:
FORMACIÓN TRANSVERSAL
Programa de formación composto por distintos cursos de contido eminentemente práctico e de curta duración, destinados á adquisición de competencias transversais necesarias para o desempeño profesional e enfocados ás necesidades específicas de cada unha das persoas participantes, detectadas no proceso de definición do seu itinerario personalizado, facendo fincapé naquelas carencias e habilidades que poida ter relacionadas coas habilidades de comunicación, tecnoloxías da información e a comunicación, idiomas, entre outras.
Neste programa levanse a cabo, entre outras, accións formativas no campo das tecnoloxías da información e a comunicación, pois se consideran vitais para a procura de emprego, así como para a inserción no mercado laboral. Na actualidade é necesario que se promovan estas competencias, en especial para persoas que presentan un baixo coñecemento e uso destas, pero que ao mesmo tempo manifestan a súa necesidade e interese por elas.
FORMACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
Formación para a adquisición de competencias e coñecementos correspondentes á educación básica, co obxectivo de que as persoas que se formen poidan obter o título de Graduado en Educación Secundaria ou ben as competencias clave requiridas para o acceso aos certificados de profesionalidade.
Impártense cursos para a obtención de competencias clave co obxectivo de que o/a alumno/a adquira os coñecementos teóricos suficientes para superar as probas de avaliación en competencias clave, para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade, así como formación para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria nos diferentes ámbitos (comunicativo, social, científico- tecnolóxico, etc)
FORMACIÓN DE RECUALIFICACIÓN PROFESIONAL FORA DO SECTOR
Programa de formación composto por diferentes cursos destinados a proporcionar unha nova cualificación profesional, que se orienta cara a accións de formación certificables referenciadas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
As accións de formación defínense en base ao diagnóstico individual realizado e tras coñecer tanto os novos xacementos de emprego da zona de actuación, como as novas necesidades das empresas para a súa adaptación á situación do mercado actual, que se poidan converter en oportunidades de contratación.
Este programa busca inserir noutros sectores distintos da téxtil-confección ás persoas que perderon o seu posto de traballo. Así pois, preténdese adaptar ás persoas despedidas cara a novos sectores, emerxentes ou non, do mercado, de maneira que se poida elaborar unha análise para detectar profesións capaces de acoller a estas persoas desempregadas e, de acordo con este, póidase deseñar a formación apropiada. Un dos elementos importantes radica na motivación das persoas que perderon o seu traballo, de modo que estas vexan factible orientar a súa vida profesional cara a novos sectores de actividade.
Deste xeito, o procedemento para seguir é:
- Identificación de ocupacións noutros sectores de interese capaces de absorber persoas desempregadas do sector téxtil – confección.
- Preformación laboral para inserir a profesionais nun novo sector laboral.
- Formación específica para o novo posto de traballo.
FORMACIÓN ESPECIALIZADA DENTRO DO SECTOR
Programa de formación que integra diferentes accións formativas dirixidas a recualificar as persoas traballadoras con máis posibilidades de recolocarse dentro do propio sector. Este programa esta composto por diferentes cursos destinados a proporcionar unha mellora na súa cualificación profesional dentro do sector en base á ampliación de coñecementos relacionados coas súas tarefas desenvoltas no sector téxtil-confección e mesmo a novas técnicas dentro do sector en puntos de nova empleabilidade como consecuencia de avances tecnolóxicos.
Así, este programa ten como obxectivo orientar ás persoas desempregadas cara a outras ocupacións de maior valor engadido dentro do sector téxtil – confección. Trátase de analizar se profesións, relacionadas co deseño, a administración, a tecnoloxía, a distribución, a loxística, as marcas, etc., que, apenas se viron afectadas pola deslocalización (a diferenza da produción), poden acoller a persoal desempregado deste mesmo sector, unha vez que este recibise a formación necesaria.
Deste xeito, o procedemento para seguir é:
- Identificación de postos de traballo con valor engadido.
- Deseño da formación necesaria para optar a eses postos en función do perfil de cada persoa desempregada.
FORMACIÓN EN AUTOEMPREGO
Diríxese á promoción do espírito empresarial e á asistencia para o establecemento por conta propia. Ten unha dobre vertente: o autoemprego dentro do téxtil, aproveitando os coñecementos de base das persoas participantes do Plan, e, o autoemprego fora do sector, desenvolvendo calquera outra actividade económica.
Trátase de motivar ás persoas que perderon o seu emprego cara á cultura emprendedora e a creación de empresas, unha opción a miúdo esquecida ou pouco considerada entre o colectivo de persoas desempregadas.
As accións formativas dan cobertura ás cuestións esenciais para o establecemento por conta propia no mercado laboral como poden ser: obradoiros de sensibilización, espírito emprendedor, creatividade, xestión laboral e contable, fiscalidade, procura de financiamento, elaboración de plans de negocio, así como distintos aspectos que axuden as persoas participantes para potenciar e mellorar as súas habilidades en emprendemento e liderado.
Este tipo de formación, é exposta ás persoas que posúen as capacidades e habilidades necesarias así como a posibilidade de traballar por conta propia, proporcionándolles o apoio e o asesoramento precisos para iso a través de titorías individualizadas.
O procedemento para seguir será:
-
Identificación de ideas de negocio para a creación de empresas, microempresas ou cooperativas.
-
Análise da viabilidade das ideas empresariais. Esta análise incluirá un estudo do mercado, a competitividade do produto ou servizo, o seu carácter innovador, etc.
-
Formación acerca das formas xurídicas, fiscalidade, márketing, trámites, subvencións e axudas, dirección e xestión empresarial, etc.
-
Elaboración dun plan de empresa.
-
Asesoramento e acompañamento na posta en marcha.