Nun primeiro momento ponse en marcha un programa de acollida coas persoas despedidas que cumprían os requisitos, co obxectivo de efectuar unha presentación xeral do programa e informarlles das accións que se van a levar a cabo e os esforzos e recursos postos en marcha para axudarlles no seu proceso de recualificación para a súa mellora da empleabilidade.
Para isto, realízanse dúas xornadas de difusión nas dúas localidades afectadas polos despedimentos, é dicir en Ordes e A Coruña, e contáctase cos/ as potenciais usuarios/ as a través das oficinas de emprego e de cartas personalizadas.
Tras as sesións de acollida, realízase un diagnóstico inicial de cada persoa desempregada a través de entrevistas individualizadas co fin de coñecer información necesaria para facer unha valoración adecuada das súas posibilidades reais de reincorporación ao mercado laboral. É fundamental, nesta fase, conseguir a motivación e implicación activa da persoa desempregada. A realización dun diagnóstico correcto é fundamental para detectar cales son as perspectivas laborais da persoa desempregada e, desta maneira, poder deseñar un itinerario personalizado que aumente as posibilidades de inserción e a satisfacción persoal.