Encontro coas persoas participantes no proxecto “Galitex” 13/09/2019

Data: 
venres, Setembro 13, 2019

O venres 13 de setembro de 2019 en horario de mañá  (de 11:00 h a 12:30 h) terá lugar un evento na Praza de Abastos do  Concello de Ordes no que poderás coñecer de primeira man a experiencia persoal e profesional de dúas cociñeiras de recoñecido prestixio:

  • Lucía  Freitas, cociñeira do restaurante A  Tafona de Santiago de Compostela (restaurante galardoado cunha Estrela  Michelin e un Sol de Repsol)
  • Megu Ramil , cociñeira do restaurante A Casa dúas  Xacobes de Santiago de Compostela

Ademais, o Conselleiro de Economía,  Emprego e Industria, visitará os cursos formativos que se esten levando a cabo 

Prazas

Aforo máximo de 30-40 persoas

Para proceder a inscrición, as persoas participantes do proxecto deben contactar co orientador/ora laboral.

Público Obxectivo: Participantes do proxecto Galitex

Enlace o pdf

Encontro coas persoas participantes no proxecto “Galitex”